miércoles, 18 de marzo de 2020

Momentos das pitiñas e pitiños

Imaxes que me fan lembrar as súas cariñas, as súas voces, o seu sorriso. Que adquiren un valor especial coa ausencia. O valor da gratitude. De que non desexo outra cousa que chegar a escola e saudar, sorrir, recibir, mirar aos ollos ... De que aínda que as veces agradeza o silencio necesito escoitar. Estas imaxes traen a miña mente, pequenos comentarios, frases cheas de tenrura, inxeniosas, de protesta, de inxenuidade ... os meus ollos aprenderán a mirar doutro xeito. Aprender...diso se trata. Aínda que cando todo pase, na nosa memoria esvaradiza todo sexa unha lembranza, espero e desexo que aprendamos a coidarnos, a coidar as outras/os; que interioricemos a grandeza do pequeno, do cotián (unha aperta, un bico, un saúdo, un sorriso, un paseo, collerse da man, saír á rúa, ir ao noso traballo, tomar un café, coidar do noso planeta, disfrutar da natureza ...). COIDAR

Pintamos cos dediños ( Proceso de arte)


Xogo libre

Lectoescritura (constuimos letras con plástilina)



Lóxica-matemática (traballamos os números e o conteo)



Xogo en equipo, o pracer do logro

Inxenuidade

Xogo na natureza (silueta dunha crianza feita por Sebastián. Grazas)

xogo en grupo (pequenos-grandes amigos)



Agardo a vosa presenza,
 MOITOS BICOS















4 comentarios:

Iratxe dijo...

Cuanto cariño hacia l@s niñ@s hay en este texto !
Enseñar de corazón a corazón 💙

Yolanda dijo...

bellas palabras de una bella persona. Te queremos Moni! Mil besos.

Bea dijo...

Noray está desexando voltar a sua rutina contigo. Votate de menos. E nos tamen claro. Bonitas palabras. Moitos biquiños

Unknown dijo...

moitras grazas por abrir esta ventaniña a rutina, desexando volver á escola!!!
apertar virtuais para todo o claustro

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails