Na aula dos Peixiños, os últimos días, estivemos falando da historia de Houda. Foi unha historia que lles chamou moito a atención e da que sacamos unha longa conversa:
Aquí a podedes ver:
Houda from Xerais on Vimeo.
Propoñemos aquí algunhas actividades que podedes facer na casa, e, sobre todo, falar moito sobre os seus sentimentos e os vosos.
Nesta primeira, se tedes oportunidade de imprimir, trátase de poñer plastilina en cada pegada e despois poñer mondadentes en cada unha, conseguindo que se manteñan en pé. Así, ao mesmo tempo que seguimos o curso dunha historia, practicamos o conteo, desenvolvemos a motricidade fina e a concentración.
Nesta outra, deixamos que sexan eles/as primeiro, os/as que indiquen cales dos debuxos representan unha familia; deste xeito, temos unha idea previa sobre o que pensan. Todas son diferentes, e todas encadran no concepto de familia. É interesante fixarse en cada unha delas e que describan o que ven.
Estou segura de que será unha conversa interesante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario