domingo, 7 de abril de 2019

Ensaladiña de fabas na aula dos pitiñ@s

Un dos instantes de maior goce para a maioría dos nenos/as da escola son as saídas ao patio exterior; o contacto co aire, o sol, os recursos naturais , é unha fonte inesgotable de experiencias e sensacións... a nivel cognitivo, corporal, social etc. Os pequenos/as necesitan desta experiencia para crecer.
Hai poucos días estivemos recollendo fabas da nosa horta, con moita calma e atención sacaron as sementes da vaíña; foi todo un descubrimento.
Despois fixemos unha ensalada para merendar, á que lle engadimos tomate, patacas, leituga, ovo, pasta e olivas. A comer!!












No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails