Os coelliños e coelliñas reciclamos a caixa baleira, do agasallo dos anacos de goma eva, para construir o noso gran monstro. Fixémolo vermello, como o monstro de cores cando se enfada e asusta. Engadimos outras cores e detalles, e tamén lle buscamos un nome. Así creamos ao gran monstro "Fancolleins". Un monstro que é moi terrorífico, porque persegue á xente para comela. Por iso é tan grande, porque come moito. Logo, fomos o patio a xogar e foi moi divertido. E para rematar, debuxámalo para non esquecelo.








No hay comentarios:
Publicar un comentario