Estes días, coñecemos a historia de Julita. É
unha nena que ten unha circunstancia familiar que temos na nosa aula. Nenos e
nenas que entrañan a alguén que non está sempre con eles, xa sexa polo
traballo ou por outras circunstancias. Coñecendo esta historia, compartimos o
que sentimos cando vivimos esa ausencia, pensamos nos sentimentos que vemos nas
persoas que se marchan, que tamén sofren. E sobre todo, na sorte de gozar dos
reencontros, no felices que somos no tempo que pasamos cando estamos
xuntos e... nas posibilidades e recursos que podemos empregar para vernos ou
falar, cando estamos lonxe.
Unha sesión de convivencia onde nos coñecemos,
aprendemos dos demáis e xuntos medramos un pouco máis. E así, fixemos a Julita coa súa nai, Julia.
Logo, gozamos facendo uns preciosos pasteliños, parecidos aos que facían Julita e a súa nai Julia.
E tamén, facendo de pasteleros como Julita, amasando...
1 comentario:
Que guay!!! Así ayudáis a que lo lleven todo mucho mejor😉. Muchas gracias!!!
Publicar un comentario