viernes, 5 de octubre de 2018

Unha historia moi doce.

Estes días, coñecemos a historia de Julita. É unha nena que ten unha circunstancia familiar que temos na nosa aula. Nenos e nenas que entrañan a alguén que non está sempre con eles, xa sexa polo traballo ou por outras circunstancias. Coñecendo esta historia, compartimos o que sentimos cando vivimos esa ausencia, pensamos nos sentimentos que vemos nas persoas que se marchan, que tamén sofren. E sobre todo, na sorte de gozar dos reencontros, no felices que somos no tempo que pasamos cando estamos xuntos e... nas posibilidades e recursos que podemos empregar para vernos ou falar, cando estamos lonxe.
Unha sesión de convivencia onde nos coñecemos, aprendemos dos demáis e xuntos medramos un pouco máis. E así, fixemos a Julita coa súa nai, Julia.



Logo, gozamos facendo uns preciosos pasteliños, parecidos aos que facían Julita e a súa nai Julia.




 E tamén, facendo de pasteleros como Julita, amasando...




1 comentario:

Unknown dijo...

Que guay!!! Así ayudáis a que lo lleven todo mucho mejor😉. Muchas gracias!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails