lunes, 22 de enero de 2018

O gran invento da fregona!!!

Este é o invento que me tocou explicar a min, á profe Elena. E comezamos por coñecer ao seu inventor, o seu nome, o país do que era e como o fixo. Así o debuxamos, aproveitando a súa foto para debuxar un busto, escribindo e algo máis que nos gustou moito,  debuxar a súa barba!!!





 Logo, cos rolos de papel que tiñamos na clase, fixemos a nosa fregona.



 E aproveitamos para limpar un pouco. Pero sen auga, porque era de cartón...


Tamén quixemos decorala, para que fose máis bonita.


E rematamos a actividade, fregando con pintura de cores para crear:  os cadros abstractos de fregona.
Que como non podía ser de outra maneira, quedaron... CHULÍSIMOS!!!



1 comentario:

Diana dijo...

Gracias por tanto profe Elena !

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails