lunes, 22 de enero de 2018

Celeste e os seus xoguetes Waldorf.

Que ben o pasamos cos xoguetes tan chulos, que compartíu con nós Celeste. Primeiro escoitamos as súas explicacións e propostas de xogo. Logo, alguén preguntou que quen os inventaría, e aproveitamos para investigar en internet e coñecer o seu nome, Waldorf e tamén que os fixeron uns irmáns. E vimos un montón de creaciones que se poden facer con eles.


Tocaba xogar e ver que podiamos facer nós.Pasámolo xenial!!!





Cando rematou o tempo de xogo, falamos da sorte de ter un amiga que comparte os seus xoguetes con nós, e de como temos máis cando compartimos.
Falando de por que nos gustaban tanto estes xoguetes,  a maioría dixo que polas súas cores que son como o arco da vella. Que lles gustaría ter un, pero iso era moi complicado. O que si podiamos, era facer un. E quedamos en facelo na próxima clase.
E así o fixemos. Puxemos ás nosas mans a facer un pouco de exercicio coa plastelina, para que collan un pouco de forza facendo churros, que nos fai moita falta.


E fixemos uns arcos da vella de moito traballo e moi bonitos. Mirade!!!


1 comentario:

Diana dijo...

Un placer es poder compartir!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails