miércoles, 1 de junio de 2011

A RATA BILINGÜE

Neste libro do 2006 da Editorial Everest titulado "Gracias, maestros" aparecía esta divertida historia sobre a sorte que temos  todos aqueles que posuimos alomenos dúas linguas.

"Érase unha vez un gato que perseguía a un rato por unha casa. O rato mais rápido co gato, conseguíu dobrar unha esquina e refuxíuse detrás da súa nai, a rata.
A rata antes de que chegase o gato comezou a ladrar. O gato ao escoita-los ladridos fuxiu espavorido.
Nese intre a rata volveuse cara o seu fillo e díxolle:
-Ves, meu neno que importante é saber dúas linguas"

1 comentario:

falapouco dijo...

¿E non se lle pasaría pola cabeza facerlle frente cunha ramiña de fiuncho (léase "hinojo")?¿ou de "fennel"?

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails