domingo, 29 de mayo de 2011

O PROFE MONTAÑEIRO


Onte fun a facer unha vía de escalada que tivo momentos difíciles e duros. Como ten a VIDA. Se mo permite "Tegriña" (o xefe do blog) vou a escribir unhas liñas que necesito dicilas en voz alta porque este é un dos meus aquí, preto de vós.
O blog concebiuse, en parte, como un diario do que ocorría no cole. Pois ben pola miña parte teño que dicir que me adxudicaron como destino no concurso de traslados en Oleriros (A Coruña). Non sei se foi "o destino" pero ás veces daste de conta do que verdadeiramente che gusta e queres cando te separan de eso... Grazas Vigo por estos 4+1 anos (4 cursos máis ó da licencia por estudios). Grazas polas risas, polas miradas,polas fotos, polas excursións, polas paparotas( ummm que rico!!), por tantos momentos nos despachos, en psicomotricidade, nas aulas, na biblioteca,!!... Quen me ía dicir a min, un coruñes de pro, que ía atopar tanto cariño, amizade, amor, momentos, ilusións,...nesta cidade tan maravillosa.
Véñenme a cabeza, "que non para", nomes como Nico, Nelly, Andrea, Kingsley,Jailson, "las tres ardillitas",...Bufff!!!!. Son bastante choromiqueiro. Aviso. E mañá cando chegue ao cole sei que vou miralo xa dun xeito diferente. Lembrarei cando cheguei no ano ...? xa non me lembro, cando vos vin por primeira vez?, cando traballaba en A.L.?,... Quen sabe!

Empeza unha nova etapa na miña vida. Seino. Pero esto non é un punto e aparte. Non vos vades  librar de min tan fácilmete.

Bicos cen, mil e cen máis.

2 comentarios:

The Boss dijo...

Na Kuruña teredes moitas cousas, o primer rascaceos galego que aínda non se veu abaixo porque o fixeron os romanos que eran un ghichos seica viñan de Italia, se o chegan facer os kuruños, madia levaba!, peiraos de quitaepon, a primeira cidade que ao mesmo tempo está pero non está en Galicia (os kuruños estes que están tolos), tedes a María Pita, tedes a Paco Vázquez (ai, non que agora quer ser vigués, "poderoso caballero¡¡"),tedes un futuro mais ben neghro (o Depor en 2ª, derbis contra o Celta ou non, Negreira, e para rematala que volve as suas eiras o sherpa Tensing)....O dos exipcios é as plaghas bíblicas unha coña mariñeira.
O que non tedes nin ides ter polos séculos dos séculos amén, inda que se arrechegue toda a provincia de Kuruña é un sitio tan fermoso e tan a man pra que che poidan dicir...
A CHORAR A CANCAS!!!!

unha de dúas dijo...

Pois eu tamén terei que ir a Cangas e non vaias de duro( certo que tes ben ensaiada "a pose", pero a estas alturas do conto xa sabemos o que temos) que en Marín tamén se chora...
Levo todo o tempo facendo esforzos por alegrarme moito por vós, pero debo ser moi mala compañeira, porque non avanzo moito no asunto.
E xa podes barrenar (que é o teu)nun proxecto cara o curso que ven no que poidan traballar os tres centros: nin árbores nin camisetas!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails