Da música medieval temos exemplos recollidos en forma de Cantigas coa súa partitura medieval, moitísimas en galego que era o idioma de moda na época. Temos ademais imaxes dos instrumentos cos músicos da época utilizaban en forma de esculturas, neses verdadeiros libros enciclopédicos que eran as catedrais. Se visitades a catedral de Santiago poderedes ve-los músicos da época en forma de esculturas. E temos ademais as recreacións que da música da época fixeron grupos actuais. Un dos discos mais interesantes neste aspecto é o do gupo galego Doa "O Son da Estrela Escura", título que fai relación a última estrela da Vía Láctea (O camiño das Estrelas) e que se identifica con Finisterre. Neste disco que gravaron para a primeira discográfica galega xa desaparecida, Rúada, recopilan danzas de espadas (Marín), temas populares galegos e temas de cancioneiros e autores medievais, facendo unha fusión moi especial que mesmo te transporta á epoca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario