jueves, 20 de enero de 2011

AS CANCIÓNS NOS CASTELOS

E se falamos de música cantada da época non podemos deixar de mencionar as Cantigas, que maiormente eran de tema amoroso, aínda que tamén servían para burlarse de alguén ou incluso cancións mariñeiras. Daquela cando o galego e o portugués eran unha única lingua, a nosa lingua estaba de moda entre xoglares, trobadores e incluso reis como Alfonso X o Sabio. Se queredes ter unha idea de como eran, un dos mellores discos do cantautor do Bierzo Amancio Prada chamado Leliadoura adapta algunhas das cantigas e trovadores.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails