miércoles, 12 de enero de 2011

FESTIVAL DE NADAL 2010

Como final ao traballo deste primeiro trimestre e coincidindo coas festas de Nadal celebramos como tódolos anos o noso tradicional Festival de Nadal. Como os galegos somos un pobo ao que desde sempre lle gustou cantar e ademais está demostrado psicolóxicamente que as cancións polo seu carácter rítmico e repetitivo axudan a unha mais rápida e duradeira fixación na memoria, nos seguiremos dándolle ás mesmas importancia na nosa diaria tarefa. Así ademais dos típicos villancicos e panxoliñas, este ano deixamos un espazo a unha canción infantil brasileira á que nós mesmos modificamos a letra e a melodía, para poder traballar con ela dentro do que foi o proxecto que guiou o noso traballo durante este trimestre, "O corpo humano".

A FORMIGUIÑA

Non faltaron á nosa cita anual, por suposto, os tradicionais villancicos, aguinaldos e panxoliñas...


VILLANCICOMIX



BUSCABAN UNHA ESTRELA

Tamén foi momento de reencontros cos antiguos compañeiros...



... e decoramos unhas cantas árbores de nadal ao noso xeito.









E nós mesmos nos arborizamos.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails