jueves, 11 de noviembre de 2010

O SAN MARTIÑO

Hoxe celébrase a onomástica de San Martiño, e o que podería parecer un día mais dentro do Santoral, para a cultura galega ten unha fonda importancia. Unha cultura como a nosa que ten as súas orixes na terra fai deste día un dos seus eixes, hoxe é o día onde se fan as matanzas, onde se celebran moitos dos magostos... e o que ten mais importancia para os rapaces, cando bailan con todo o seu esplendor os trompos, buxainas e peóns que o resto do ano estiveron agochados esperando por este día. O xogo dos trompos ten como moitos xogos tradicionais un carácter estacional, e éste é un xogo fundamentalmente outonal.


"Polo Pilar (12 de outubro), buxainas a bailar"

"Polo S. Andrés (29 de Novembro), trompos aos pés"

"Polo S. Amaro (15 de Xaneiro), trompos ao faiado"


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails