Os nenos e nenas da clase de 4 anos estamos aprendendo moitas cousas sobre o outono e sobre o noso corpo. Unha das actividades que fixemos foi un mural moi, moi grande sobre o outono, e para iso empregamos distintas partes do noso corpo: pintamos con esponxas empregando as mans, pero tamén pintamos cos pés, como podedes ver. Pasámolo moi ben, ainda que a clase e os nosos pés quedaron un chisquiño sucios, pero mereceu a pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario