Esta proposta ten como obxectivo a aprendizaxe da lingua escrita a partir dun texto con significado e funcionalidade. Primeiro terá lugar a lectura do conto escollido pola persoa adulta, procurando que a protagonista sexa unha persoa; despois cada crianza de xeito individual a partir dunha descrición do personaxe principal, realizará o seu debuxo e escribirán con diferentes técnicas o nome da protagonista.
Deste xeito traballaremos o representación do esquema corporal, a identificación de personaxes dun texto, as propiedades dos textos literarios etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario