Esta semana asistimos a dúas funcións de teatro. O luns estivemos na Sala de teatro ÁrtiKa e o xoves no Teatro Afundación, para gozar de dúas representacións.
"UMMM!!, UNHA COMEDIA PARA CHUPAR OS DEDOS". ÁRTIKA
É un espéctaculo dirixido a nenas/os cativos/as, no que as cancións, bailes e un deseño colorido contan unha historia sobre as diferenzas, a autenticidade e o valor do traballo en equipo, para aprender a ver o mundo con ollos alleos.
"Vuela Pluma", Teatro Afundación
Vuela Pluma é un espectáculo de monicreques sobre o respecto á natureza. Conta a historia dun paxaro que despois de vivir toda a vida nunha gaiola, descobre a liberdade de voar.
Esta proposta escénica combina monicreques, música e moita poesía audiovisual, nun relato que pretende fomentar o respecto, a liberdade o crecemento persoal e a conexión co mundo natural.








No hay comentarios:
Publicar un comentario