sábado, 30 de mayo de 2026

Que é un niño?. Aula das flores

 O patio da nosa escola está cheo de tesouros; nel atopamos dous niños, un no chan e outro nunha árbore. Este achado deu lugar a unha serie de preguntas:

- Que é un niño?

- Quen fai niños?

- De que poden estar feitos?

- Que tipos de niños coñecemos?

Para dar resposta a estas preguntas utilizamos o debuxo de hipótese en papel de gran formato, utilizando carbón e pasteis. O mural encheuse de debuxos que nos permitiron reflexionar.

A continuación fomos a o patio a recoller materiais para realizar os nosos niños (paus, follas, palla, barro...). Así a través da exploración e o xogo creamos diferentes estructuras.

Por último, empregando a técnica do colaxe, fixemos os paxariños que poderían habitar este espazo. Paxariños inspirados no poema de Rosalía "Alborada".




























No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails