Hoxe recibimos na nosa escola a visita de dúas investigadoras do IIS (Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur), con sede no Hospital Álvaro Cunqueiro, e unha persoa da unidade de divulgación científica; co obxectivo de presentar o maletín viaxiero e dar a coñecer o seu traballo como investigadoras.
Este maletín é unha das accións do plan anual de Cultura Científica do instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Esta caixiña contén unha guía didáctica e diversos materiais para presentar ás nenas e nenos. Traballa conceptos como a alimentación saudable, as vacinas, a investigación en biomedicina e as enfermidades raras...
A presenza destas mulleres investigadoras falando da súa labor no campo da investigación contribúe a achegar a figura da muller investigadora ás nenas/os.








No hay comentarios:
Publicar un comentario