domingo, 5 de enero de 2025

Cando pechamos a porta...

 Cando pechamos a porta...

Dentro, descansa, o cheiro dun bico, o sorriso dunha aperta, unha palabra esquecida

unha idea adherida na parede, unha bágoa transformada en oceano...

Un pensamento que non atopa o camiño, 

un sentimento que busca incansablemente repouso.

Voces, xa durmidas, ou non?

Un espazo, a vida nel contida... obxectos: un violín, unha póla, un anaco de papel,

 un sobre sen sinal...

Un espazo en construcción, unha vida que se constrúe...

Pechamos a porta... un espazo sen vida

A vida aprehendida  entre catro paredes

PAUSA

Un espazo de VIDA










No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails