A creación deste recuncho ten como finalidade achegar a ciencia ás nenas/os dende unha perspectiva participativa e motivadora.
As propostas, baseadas no ibro "Ciencia en la primera infancia", están escollidas para facilitar o coñecemento científico. Facilitarán así mesmo a actividade autónoma das crianzas e o funcionamento fluído da actividade no espazo. Están enfocadas para mobilizar conceptos e procesos científicos, con intecionalidade de aprendizaxe, pero abertas a diferentes iniciativas e solucións.
As propostas presentan un reto, pregunta ou misterio como elemento motivador; así mesmo favorecerán a interacción entre iguais; poñer palabras ao que acontece ten sentido se compartimos o que facemos coas/os demais, contacto que favorece o contraste de ideas, necesario par axudar a cambiar as propias.
1. PREGUNTAS OU RETOS
- Que cres que hai dentro da botella branca?
- Como podes sabelo?
- Todo soa igual?
- Buscamos algunhas parecidas, iguais?
2. CONCEPTOS CIENTÍFICOS
- Propiedades sensoriais: forma, cor, tamaño, son, movemento...
- Densidade das sementes
3. PROCESO DE APRENDIZAXE
- Xogo exploratorio
- Comparación
No hay comentarios:
Publicar un comentario