Este ano, celebramos un magosto moi especial . A escola infantil e a residencia de maiores, uníronse para compartir tradicións, risas e momentos entrañables nunha xornada única, vivindo unha mañá de convivencia e aprendizaxe, onde a castaña e o choripán foron os protagonistas.
Mentres compartían as castañas quentiñas e o arrecendo a outono enchía o aire, xurdiron conversas que cruzaron xeracións. Este magosto foi máis ca unha festa; foi un encontro que nos lembrou que as tradicións seguen vivas grazas a esta fermosa transmisión de saberes entre todos/as.
Grazas a ANPA por facer posible este gran día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario