Despois duns diíñas de adaptación ao novo curso, arranca outubro e comezamos os experimentos científicos nas aulas.
No grupo de 3 anos inauguramos estas sesións cun dos grandes éxitos: o fluído non newtoniano, que sempre triunfa!
Mesturamos fariña de millo e auga e... maxia!!
CANDO EXERCEMOS UNHA FORZA É SÓLIDO:
E CANDO NON A EXERCEMOS É LÍQUIDO:
Pasámolo moi, moi ben! Experiencia sensorial a tope!
Graciñas Maite, a nosa orientadora, por axudarnos a limpar despois! :)
Na aula de 4 anos continuamos con experimentos de disolución, que foron un éxito o curso pasado. Onte comprobamos se dúas substancias, sal e fariña, son solubles en auga do mesmo xeito:
AGREGAMOS SAL NA AUGA E REMEXEMOS BEN, COMPROBANDO
QUE "DESAPARECE", PERO O SABOR SÍ ESTÁ!
AGREGAMOS FARIÑA DE TRIGO:
E REMEXEMOS, REMEXEMOS, REMEXEMOS...
A AUGA CAMBIA DE COR E PARECE QUE HAI DISOLUCIÓN IGUAL QUE CO SAL, PERO COMPROBAMOS CUN FILTRO...
E VEMOS QUE A FARIÑA VAI QUEDANDO, E A AUGA SAE "TRANSPARENTE"
Lembrade que podedes vir á escola a compartir estas sesións cos vosos fillos e fillas, preparando un experimento en familia e facéndoo na escola connosco!
Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario