viernes, 10 de noviembre de 2023

Aula das flores

 TEXTO ENUMERATIVO (NOME PROPIO)

Dentro dos textos enumerativos (datos illados e informacións concretas) a primeira palabra que as nenas/os queren coñecer, ler e escribir, é o seu propio nome. Tamén outros importantes para elas/es: familia, compañeiras/os, xoguetes, personaxes contos...

A partir dos nomes aprenden:

- A diferenza entre debuxo/escritura

- A diferenza entre letras e números

- A diferenza entre garabatos e letras

- As diferenzas entre as distintas letras

- A orientación esquerda/ dereita

- Que o escrito serve para algo concreto

- Exercicio grafomotor (ao escribir)

- Exercicio de lectura (ao recoñecelo)

Na aula da flores a encargada/o do día pasa lista no momento da asamblea, escribimos o nome da/o encargada/o no encerado, elaboramos listas cos nomes das nenas/os que quedan no comedor, buscamos a tarxeta co nome, localizamos as letras do nome noutros textos etc.

Partindo destas propostas dotadas de significado e funcionalidade realizamos outras a partir das letras dos nomes. 






















1 comentario:

Andrea dijo...

😍🥰

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails