domingo, 18 de junio de 2023

Anacos de vida "Seres imaxinados". Actividade baseada nunha proposta de Vicente Blanco e Salvador Cidrás

 "Seres imaxinados" é como indican os autores da proposta  un intento de fuxir do imaxinario de animais contorneados propio das fichas, para achegarnos a un imaxinario onde a mancha, a cor e o movemento crean seres que non se poden planificar , porque xorden da mancha e da indefinición, nun xesto inmediato.

Para chegar a súa creación , humedecemos en exceso o papel, e a continuación debuxamos sobre el con témperas e un pincel. Desta forma favorecemos que a pintura se expanda e a mancha sexa impredecible.

Deste xeito saímos dos estereotipos e imaxes creadas polas persoas adultas e posibilitamos ás crianzas o asombro, descubrimento... , sen medo a non acadar o obxectivo desexado ou a imaxe recoñecida como "boa ou ben feita" pola persoa adulta.





No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails