viernes, 19 de mayo de 2023

SAÍDA Á ETEA

 Aproveitando o valor educativo, didáctico e social das saídas achegamos aos nenos e nenas a coñecer a súa contorna máis próxima.

Comezamos a mañá cun obradoiro de concienciación do medio onde coñecemos máis sobre os animais da ría de Vigo así como da importancia que ten manter limpas e coidadas as nosas praias.

Despois levamos a cabo un obradoiro de marisqueo cun mariscador que nos ensinou como é o seu traballo así como diferentes especies.

Finalmente disfrutamos xogando na area cos compañeiros.













No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails