domingo, 16 de abril de 2023

Anacos de vida "Medios retratos"

 Esta proposta xorde da observación do noso propio rostro que é debuxado sobre papel, pero só unha metade. Fanse dúas marcas no bordo de cada papel, que indican onde empeza e acaba a cara; para que despois poidan unir e intercambiar os retratos. Nuns papeis fanse no lado esquerdo e noutros no dereito. Unha vez rematados os debuxos pódense unir uns con outros creando combinacións nas que xorden novos rostros e expresións. Axúdannos a traballar a empatía, porque nos permite acoller ao outro/a, cos nosos parecidos e as nosas diferenzas.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que maravilla! Gracias por lo que hacéis y cómo lo hacéis.

Inma dijo...

❤️

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails