miércoles, 21 de diciembre de 2022

Sementando Bondade

 Boas familias!

Chega o Nadal, unha época de consumo desmesurado. E é por iso, que dende a escola queremos facer reflexionar a cativada e ás familias sobre a necesiade de deterse en pequenas accións que poden facer mudar dalgún xeito mudar o mundo.

Baseándonos na película Estadounidense “Cadena de Favores” gustaríanos facer a nosa propia cadea.

Desta idea nace “SEMENTAR BONDADE”.

Esta proposta non ten outro fin que facer sentir ben a outra persoa que o necesite dalgún xeito. Algúns exemplos de accións poderían ser:

  • Facer sorrir a alguén que o necesite.
  • Pasar tempo cos nosos maiores.
  • Facer un debuxo e regalarllo a aquel veciño ou veciña que sempre ten boas verbas con nos.
  • Ceder a nosa quenda a alguén que vai con presa a compra.
  • Ofrecer algo quente a aquela persoa sen teito pola que pasas a miúdo.
  • Falar con alguén que fai tempo que non o fas.
  • Realizar un troco de contos/libros na túa comunidade ou simplemente regalar os contos/libros que xa non empregas.
  • Dedicar unas verbas de agradecemento.
  • E un largo etcétera. Non dubidamos que seguro se vos ocorren moitísimas máis accións.

Cada familia terá 2 tarxetas que poderá entregar ás persoas beneficiarias das súas boas accións. Non se trata de obter nada a cambio, senón de SEMENTAR BONDADE!




Lembrade que non é obrigatorio pero recordade que un pequeno xesto pode facer moi feliz a alguén!

No Nadal e no resto do ano, non se trata de obter moitos agasallos senón poder sentilos. Isto o resume moi ben a cita de  Antoine de Saint-Exupéry “O ensencial é invisible os ollos”.

Esta e mais publicacións as podedes ver no blogue da Biblioteca

https://bibliotegrinha.blogspot.com/

- Recomendacións de lectura para este Nadal: 

https://bibliotegrinha.blogspot.com/2022/12/recomendacions-de-lectura-para-o-nadal.html

- 3 Desexos para 3 Reis! (Proposta de Carta os Reis para evitar o consumismo desmesurado)

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails