Afundación, obra social de Abanca, presenta na sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo a mostra "Conserva", unha proposta artellada arredor da instalación do artísta Jorge Perianes; creada para conmemorar o primeiro aniversario de "Cultura por alimentos", un programa mediante o cal Afundación anima á doazón de produtos non perecedoiros, que se destinan aos bancos de alimentos locais; é polo tanto unha creación asentada no principio de solidariedade e na colaboración con quen máis o necesita mediante a doazón, simbolizada nesta instalación por latas de conserva.
Así mesmo, as crianzas de 4 e 5 anos visitaron "Naturnova", Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, situado en Vigo. Que permite coñecer as curiosidades do universo, o noso planeta, e o medio que nos arrodea, de xeito lúdico, dinámico e perticipativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario