O obxectivo desta secuencia didáctica era achegarse ao coñecemento dalgunhas propiedades dos textos prescriptivos, organizarse nun grupo de iguais para desenvolver unha tarefa e avanzar na adquisición do sistema de escritura en situacións contextualizadas, significativas e reais.
Antes de participar no taller de cociña no que executamos a receita, fixemos varias actividades: reflexionar sobre o formato (título, listado cos ingredientes e modo de elaboración), unha primeira lectura da receita que imos a levar a cabo no taller, localizar e analizar as accións (os verbos) para reflexionar o que imos a desenvolver: relar, mesturar, engadir etc.
Despois do taller escribiron algo da receita (só algunha palabra do título, só algún ingrediente, máis palabras...a opción da cativada) e acompañárona dunha secuencia de imaxes tomadas durante a elaboración. Convidámolas a poñerlle número as imaxes segundo a súa orde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario