jueves, 29 de diciembre de 2022

A mancha simbólica (proposta inspirada no libro "Debuxar o mundo", de Vicente Blanco e Salvador Cidrás)

"A mancha simbólica" é unha proposta que pecha unha serie de actividades que teñen como protagonista ós "monstros", un termo bastante deostado, no senso de que se asocia a "algo, alguén" que non entra dentro dos canóns do establecido como correcto, fermoso, conforme á natureza... Nós presentámolo como un "SER" xenuíno, libre de estereotipos, de identidade de xénero ou sexo. 

Achegamos así ás crianzas ao concepto de "PERSOA", nun acto de aceptación do que cada unha e un é, ou desexa ser.

Monstros de barro


Debuxo colaborativo monstros






"A MANCHA SIMBÓLICA", en primeiro lugar humedecemos o papel con auga e a continuación, deixamos caer pingas de tinta. Deste xeito, a tinta espállase en diferentes manchas.
Unha vez seca a tinta, tratamos de transformar a mancha nunha figura. Neste caso "monstro". As posibilidades de xogo e transformación da mancha achegánnos ao xogo simbólico infantil. O xogo simbólico entre os 2 e os 6 anos, é un dos maiores instrumentos de aprendizaxe. Jean Piaget refírese ao xogo simbólico como aquela actividade lúdica onde as nenas e nenos simulan situacións, obxectos, e personaxes ausentes no momento de xogo.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails