miércoles, 23 de noviembre de 2022

PROCESOS "Atención consciente"


 AMBIENTACIÓN
Trátase de espertar os sentidos, de provocar sensacións, de que haxa unha interacción entre as crianzas e o que as arrodea.

Comezamos a sesión coa lectura dun poema "Han venido los pájaros" (Mariluz Escribano); do libro !Aquí la tierra! poemas para un planeta en apuros. Ao tempo que se proxecta unha imaxe co retroproxector. Un poema para escoitar, sentir, enriquecer o espírito...

A continuación prestamos atención ao que está pasando neste intre. Hai dúas cousas que nos axudan a prestar atención.
"O corpo quedo" (probamos), e o que acontece como consecuencia "Silencio". Xa temos un "CORPO ATENTO". Pechamos os ollos durante un intre. 
Deseguido prestamos "Atención aos sons". Poñemos o "corpo atento" para escoitar o cunco tibetano. Cando o son desaparece levantamos a man.
Xogamos a prestar atención aos sons "Recoñecendo o instrumento", escoitamos o son de varios instrumentos: cunco, cunchas, maracas, claves... . A continuación cos ollos pechados escoitan un dos instrumentos e teñen que compartir cal cren que soou.
Seguidamente prestamos "Atención a respiración" con varios exercicios:
- "O globo": na nosa barriga hai un globo, cando collemos aire o globo "incha", e cando soltamos o aire o globo "desincha".
- "A sopa": imaxinamos que tomamos unha sopa que está moi quente. Ulimos esta sopa tan rica (inspirar) e con suavidade sopramos a culler onde está a sopa para que arrefríe (expirar).

Para rematar facemos o "Baile do oso", levando a atención ás partes do corpo que se moven. E colorean unha mandala (representación simbólica espiritual, utilizada no budismo e hinduísmo, como técnica de relaxación)






 

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails