domingo, 27 de noviembre de 2022

PROCESO "Taller de debuxo"

 O obxectivo do taller é repensar o debuxo como unha marca sobre unha superficie. Deste xeito, as producións da infancia non son valoradas e comparadas de acordo as consideracións estéticas das persoas adultas (bonito, agradable, realista etc).


Serán propostas donde se incidirá na idea de proceso, de descubrir formas de facer que non procuran un único resultado; experimentar con diferentes materiais e técnicas.


Nesta sesión preséntolles o carbón (carboncillo en castelán) xa que é un útil trazador interesante ao permitir o esfumado cos dedos, arrastrar en distintas posicións e incidir sobre a mancha orixinando contrastes fortes e sensacións espaciais de perspectiva, figura, fondo etc.
Teñen papel continuo branco nunha gran superficie e convídoas a que non só debuxemos coa man, senón con todo o corpo. A crianza pode ver e sentir até donde alcanza co seu trazo mediante o movemento corporal e como ao voltar, pode modificar ou engadir o que desexe.


Esta proposta preséntase desde a dinámica do taller e do xogo seguindo o principio de non dicir que facer, senón como facelo a través de exemplos visibles. Apréndese xogando.



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails