sábado, 7 de mayo de 2022

Os pés tamén pintan moito!

As crianzas fixeron os seus xogos de equilibrio para non rematar a rebolos polo papel continuo mais habelos hoúboos e foron momentos moi cómicos para todas as persoas que desfrutamos da proposta.

Foron instantes de concentración e evasión mediante a distración. De xeito primordial, foron intres de conectar consigo mesmas a través do sentido do tacto e da vista.

Coa gran axuda da nosa compañeira Yoli, limpáronse as súas mans e os seus pés. Logo tentaron poñer os calcetíns porque "o dos zapatos" xa está casi tirado!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails