domingo, 23 de enero de 2022

Miñocas na casa!

 As Miñocas teñen moitas circunstancias na vida cotiá da escola que favorecen a súa autonomía, a motricidade, o pensamento lóxico-matemático e a aproximación a linguaxe escrita. Todo nesta idade sempre se fai desde a proposta amable e a invitación respectando o sentir e o ritmo de cada quen.

Móstrovos algúns exemplos que quizáis sexa sinxelo adaptalos a vida nas vosas casas ou tamén inspírenvos outras actividades. Sería estupendo que lle sacásedes partido ao material que teñades por casa, a elementos naturais ou de refugallo.

- Aquí as crianzas están clasificando pedras en grandes ou pequenas despois de contalas e ver ca miña axuda cal é o número que representa. Esta mesma actividade podédela facer por exemplo co que compredes no supermercado e cos elementos que cheguen a casa.


- Podedes favorecer o mesmo se ademais do anterior, engadídeslle pintura.


- Nesta instantánea están a buscar o seu nome para logo poñelo enriba das súas producións (escritura convencional ou non). Podedes facer tarxetas cos nomes dos seres queridos que esteades na casa e analizar cada unha delas: cantas letras ten, se é un nome longo ou curto, por que letra comeza, como se palmea silábicamente etc.


- Aproveitar elementos de refugallo con diferentes utensilios que teñades para que poidan facer as súas producións máis libres.


- Podedes propoñerlle facer seriacións de cores seguindo diferentes trazos con pegatinas ou con elementos naturais.


- Mediante a estimulación sensorial e a exploración poden debuxarse a si mesmas, descubrir novas cores ou simplemente sentir. Esta proposta foi con espuma e colorante alimentario.


- Nunha bandexa con fariña, arroz, fabas...e con utensilios da mesma cociña, poden desfrutar sen fin!


- Con utensilios de cociña e unha bandexa ou sen ela podédeslle propoñer diferentes retos. Non vos preocupedes porque se derrame auga ou rompa algún obxecto, é moi importante que aprendan a limpar, varrer, escorrer un pano con auga...a facer cousas que van necesitar na súa vida cotiá.


- Sería estupendo aproveitar para que limpen as follas das plantas e que comproben se é preciso regalas.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails