lunes, 6 de diciembre de 2021

Isto que é? Toca, toca!

Mentres a cativada manipula e experimenta con texturas, poden facerse preguntas (isto que é?, que pasa si?, a que sabe? etc), establecer relacións, comprender, observar, tocar, poñer e sacar, deixar caer ou estampar, probar, identificar, comunicar e expresar... emocionarse finalmente.

A suavidade, a aspereza, apertar entre as mans... é un mundo de emocións e sensacións. Os restos que quedan no chan, nas nosas cabezas e mesmo na nosa roupa chea de po branco, son pequenos desastres que non deben evitar grandes coñecementos e o que é máis importante; grandes vivencias de pracer.

As crianzas son conscientes e responsables de limpar ca vasoira e co recolledor cando hai gran cantidade de fariña derramada ou ao rematar, pasar o cepillo pola súa roupa.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails