domingo, 26 de diciembre de 2021

Os charcos de lodo!

 O xogo coa terra e coa agua favorece a creatividade, a autonomía e as habilidades sociais da cativada.

É interesante aproveitar o desexo de experimentar e coñecer a través destes xogos. A motricidade está en continuo desenvolvemento levando a cabo accións como recoller terra ou auga, facer transvasamentos, esquivar ou saltar charcos de auga, manipular instrumentos como pas ou cubos etc.

Aos poucos van regulando as súas accións conforme van madurando e obtendo as súas propias aprendizaxes. Son conscientes de que se non teñen botas, quizais non é boa idea achegarse demasiado aos charcos, ou que é imprescindíbel, ter en conta as persoas que lle arrodean ao xogar.

Elas e eles van gañando confianza para expresar os seus desexos ou necesidades como pode ser cambiar un pantalón mollado ou buscar un par de zapatos novos.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails