lunes, 15 de noviembre de 2021

SAMAGOSTO

Durante estas semanas estivemos vivenciando as nosas raíces culturais ca celebración do Samaín e do Magosto. As dúas son festas propias do outono e relacionadas coa terra e os seus froitos.

Con toda a vosa axuda, as crianzas tiveron a oportunidade de gozar dos seus mellores xoguetes neste tempo; as cabazas e as mazarocas de millo.


Colocábamos todo aquilo que chegaba novo día a día á aula nunha mesa á entrada.


Necesitaban tocar moito, facer rodar e abrazar as cabazas. Coa axuda dun texto instructivo baleiramos varias delas. 
Tamén as observaron e debuxaron.



Debullaron as mazarocas até descubrir os carozos. Investigamos o porqué das diferentes cores e machucaron con varios morteiros os grans de millo para ver que sucedía.


Mollaron as mazarocas en pinturas e cada crianza descubría diferentes sensacións ou movementos sobre un papel.


Fixeron dúas grilandas para decorar a aula cun pouco de tanza e cunha agulla de plástico grande. Anteriormente recolleramos follas do magnolio e do castiñeiro no patio.


E coma sempre, gozamos das festas na nosa contorna.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails