jueves, 25 de noviembre de 2021

Cos ollos ben abertos!

Saír a contorna todos os días é un agasallo para todas nós.

Xogar libremente na natureza aumenta as habilidades motoras, cognitivas e sociais das crianzas.

Estar en contacto con elementos naturais (barro, pedras, area, flores e árbores entre outros) fai que de vez en cando teñamos momentos únicos ao vivenciar os achados máis espontáneos.

Recentemente atopamos un abellón que tiña algún problema para voar e puidemos ver moi de preto ca nosa lupa. Tamén descubrimos por primeira vez como era unha miñoca.

O asombro é a primeira manifestación do desexo para o coñecemento.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails