sábado, 9 de octubre de 2021

Natureza viva!

O medio natural é contemplado na escola como manancial de coñecemento, saúde e inspiración. Follas, pólas, flores e froitos de diversas especies reconéctanos cos ciclos da natureza e cas nosas propias raíces.

Isto, unido á capacidade da cativada para dirixir a súa propia aprendizaxe, fai que aprendan cando se atopan nun ambiente de aceptación e respecto.

Despois dun paseo nunha tarde de outubro, leveilles ao alumnado elementos vivos da natureza. Metémolos en varios recipientes con auga para posteriormente, observalos e xogar. Estes elementos achegan unha variedade de formas orgánicas, texturas, cheiros e cores infinitas.

Ser consciente da importancia do caos como ritual de inaguración nas primeiras sesións con materiais de fin aberto é fundamental. Deste xeito, comezamos a perderlle o medo ao caos!

1 comentario:

Unknown dijo...

Puro outono, pura diversión!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails