sábado, 30 de octubre de 2021

As Miñocas

Miñocas é o nome que representa a nosa aula, a filosofía da escola e sobre todo, algo tanxible para as crianzas que diariamente gozan da contorna.

Ás miñocas parece que ninguén lles presta demasiada atención e son, con todo, un dos animais máis importantes do noso planeta. Así mesmo, na cativada é donde se sentan as bases para o desenvolvemento futuro da persoa.

Aos poucos van sentindo seguridade á beira dos seus iguais e das persoas adultas de confianza. As rutinas de hixiene e autonomía persoal comezan a integrarse nelas. Os cambios de lugar ou actividade van fluíndo cada vez mellor. 

Escoitar, falar, establecer pequenos diálogos, expresar sensacións, explorar as súas posibilidades e os seus límites van conformando a importancia do respecto a unha mesma, ás demáis, a contorna e ao material común.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails