domingo, 31 de octubre de 2021

Aniversarios. Setembro

 Os aniversarios son datas sinaladas na vida de case todas as persoas, máxime na infancia; espéranse con ansiedade, vanse descontando os días ata que finalmente chega. Este curso optamos por unha celebración na aula que sexa diferente de calquera outra que fagan en familia ou coas amigas/os. Procuramos non deixar de lado os valores que traballamos ao longo do ano; o consumo responsable, a alimentación saudábel e o respecto ao medio.

Optamos por unha celebración sinxela, cargada de afectividade e sentido que rompa co estilo instaurado na sociedade de consumo e que contribúa ao obxectivo de coñecerse así mesmas/os. 

Na primeira parte da celebración temos un lenzo en branco sobre o que pegamos unha fotografía de cada nena/o; lenzo que as crianzas decoran utilizando cores presentes na paisaxe segundo a estación do ano.

Nunha segunda parte cada nena/o trae á aula un obxecto para compartir coas crianzas, cuxa función é a de plasmar os gustos persoais de cada persoa e vinculalos con apego a aquilo que queren.

O día remata compartindo galletas a xeito de agradecemento.

Daniela Otero (24/09/17)
 "Axudoume mamá a escollelo. Chámase cabalo dálmata; é un agasallo de Papá Noel. Corre moito, salta e come palla, herba e bebe auga"


Aroa (01/09/17)
"Escollín esta manta porque é moi bonita e gústame moito. Regalouma a persoa que limpa a casa da avoa Fina. Utilízoa para durmir" 

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails