lunes, 21 de septiembre de 2020

Compartindo momentos de cando #quedamosnacasa

 


Voltamos ao cole despois de moito tempo sen estar xunt@s... Son días de "facer equipo" de novo, de sentirnos outra vez seguras/os e a gusto na escola e contarnos tantísimas cousas que vivimos durante estes meses.

Sen dúbida, os días de confinamento marcaron as nosas vidas... ninguén de nós vivira algo así antes! Para as crianzas tamén foi unha experiencia totalmente diferente das súas rutinas habituais, e é importante que eses momentos tamén teñan un lugar dentro desta "volta ao cole".

Propoñémosvos o seguinte:

1- Buscade xunt@s unha IMAXE (SÓ UNHA) que represente como foi o voso confinamento.

2- Pensade xunt@s unha pequena FRASE que o resuma.

3- Compartide as dúas cousiñas connosco a través do correo da escola (eei.montedaguia@edu.xunta.gal). ENTENDEMOS QUE AS PERSOAS QUE APARECEN NAS IMAXES AUTORIZAN QUE SEXAN PUBLICADAS NO BLOGUE DO COLE.

Coma sempre, é unha proposta VOLUNTARIA.

Data límite: sábado 26 de setembro.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails