miércoles, 3 de junio de 2020

OneMinuteEnglish Lessons Chapter X Family

Bos días familias!

Aquí vos deixamos o seguinte capítulo de OneMinuteEnglishLessons.

Desta vez, cos membros da familia.

Centrámonos na pregunta Who´s he/she? She/he is.... e o vocabulario da familia.

Introdúcese coa canción de Baby Shark, que todas/os coñecen.

Aparece un rasgo característico de cada unha/un. Non é necesario que memoricen esas expresións, aínda que si nos centramos en que as entendan.

Mummy (mamá) is the best tracking dog ( a mellor rastreadora)
Daddy (papá): he likes wearing bows (gústalle levar lazos). Aquí é un bo momento para normalizar que aínda que teña xénero masculino, gústalle levar lazos; a veces, tendemos involuntariamente a poñer un toque de humor ao ver un personaxe masculino con algún complemento que socialmente se asocia ao feminino, se evitamos ese toque de humor, reducimos os estereotipos e prexuízos. De feito, na canción orixinal de Baby Shark, cos xestos, os/as protagonistas refírense aos personaxes masculinos como os máis grandes e fortes, e aparecen demasiado estereotipados; polo que podemos mudar esta concepción coa familia de Aúpa.
Grandpa (avó): he likes cats (gústanlle os gatos)
Brother (irmán): he likes ice creams.
Sister (irmá): She likes football.
Aúpa is so lazy ( é moi perezosa)

Espero que vos guste!








2 comentarios:

Unknown dijo...

Teacher,a Noa le encantooo y dice k aupa tiene una familia muy graciosa jejeje,graciass

Teacher dijo...

Moitas gracias!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails