domingo, 14 de junio de 2020

Confinamento

Nun principio unha morea de nubes grises (incerteza, inquedanza, anoxo...), sobrevoaron a miña cabeza... Pouco a pouco asomaron os primeiros raios de sol en forma de voces amigas (familia, amiga -a miña margarida- ...), nas que atopei calma, amor, VIDA.  Aceptación e adaptación foron palabras clave que me achegaron ao "Eu" máis sensíbel, creativo, apracíbel...
Reflexionei sobre a importancia do cotián (apertas, bicos, palabras, miradas, saúdos...), a beleza, o descanso da natureza e a harmonía coa mesma.
Descoñezo se todo isto ten un sentido ou non; como di a miña "margarida", non sei se hai un fio vermello que conecta persoas e feitos ... Pero sinto que é importante "SER" en paz cunha mesma/o; aceptar a beldade do "Desequilibrio" cando chega as nosas vidas; Que é fácil ou difícil?, normalidade ou non?... Celebremos a VIDA, e o feito de compartila.
Bicos e apertas.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails