"Tamén esto pasará..."
E ti, e máis eu, pasearemos... sen agardar nada; deixando que todo sexa. Deixando que o ceo se vista da cor que desexe. A natureza sabe o que é necesario segundo as súas propias leis. Detereime a escoitar os teus pasos, e ti os meus; un son, un recendo... A que ulirá ese día?, a terra, flores... Vida. Riremos ao escoitar o canto dalgún paxaro; camiñaremos con gratitude, deixando que a vida sexa...Como nenas/os que descobren o mundo... deixaremos que nos sorprenda.
Para ti, para ela, para el, para todas e todos... para vós, compañeiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario