Bo día familias, agardamos que esteades todas e todos ben!!.
Gustaríanos compartir con vós, unha serie de actividades e propostas para realizar coas crianzas estes días, sempre de xeito opcional e incorporando as modificacións que consideredes oportunas, en canto a material, formato da actividade etc.
Antes de nada, unha pequena introdución para reflexionar ou explicar algunhas cousas que poden resultar enriquecedoras para vós.
Recomendacións metodolóxicas para favorecer a aprendizaxe da lectoescritura:
- Favorecer a participación das nenas/os: elección de actividades (selección de contos, tema que queren tratar, posibilidades para traballar relacionadas coa lingua etc.). Cando as crianzas participan nas decisións que se toman síntense moito máis motivadas a aprender.
- Ter en conta os coñecementos previos segundo a idade das nenas/os
- Anticipar, explicar ás crianzas que é o que imos facer
- Ter en conta a motivación e os intereses da nena/o
- Intentar que as actividades de lectura e escritura sexan o máis cercanas posible a situacións reais nas que as crianzas atopen sentido ao que fan (p.ex. facer unha lista dos ingredientes dunha receita, elaboran unha nota para outra persoa, traballar co nome propio...)
- Relacionar o novo contido co que xa sabemos, evitando deste xeito a memorización
- Traballar de xeito interactivo, cooperativo (acompañadas/os doutra persoa)
- Ter sempre en conta o esforzo ralizado
- É bo que as crianzas poidan comparar os seus primeiros traballos cos últimos; de xeito que aprecien os cambios
- Falar de como foi a sesión ou actividade. É interesante escoitar as propostas das crianzas
- Obsevar o traballo sen emitir xuízos, só intervir onde máis o necesiten
- Aproveitar para "correxir", cando a nena/o fai unha pregunta
- "Os erros", son só etapas aproximadas e progresivas que levan á formación do coñecemento
- Facilitar a autonomía e a opcionalidade de elección (dentro das tarefas propostas)
- Propiciar a autoestima
Propostas de lóxica-matemática:
Psicomotricidade fina:
a psicomotricidade fina é a coordinación de movementos que se realizan en colaboración entre o cerebro, o sistema nervioso e os pequenos grupos de músculos da man; que obteñen como resultado pequenas accións.
A psicomotricidade fina trabállase coas crianzas co obxectivo de acadar a habilidade e axilidade necesaria para realizar accións complexas, como manipular e suxeitar pequenos obxectos, ensartar, efectuar o agarre e a pinza dixital etc. Nestas actividades interveñn tamén o sentido da vista e os dedos das mans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario