Pois hoxe quixen facer deporte....pero....con Aúpa é un pouco difícil!
A continuación do vídeo déixovos a "versión real" da Torre e un pequeno xogo que preparei.
Agradecementos ao profe Rubén, do Colegio de La Asunción en León, que nos prestou o seu vídeo para que poidamos practicar.
Aí vai!
A primeira vez que o vexades, coma sempre, preguntade se saben o que pasou e se recoñeceron algunha palabriña ou expresión.
Despois, xa podemos centrarnos no resto parando pouco a pouco o vídeo.
-Saúdos: Good Morning (vemos que é pola mañá)
-How are you? (Como estás) e como cren que está Aúpa? (Is she happy/sad/sleepy/angry?) (facede sempre xestos coa cara para as preguntas, sobre todo para os máis pequenos)
-The Tower: o nome do xogo, xa que imos facer unha torre.
-A pregunta final é : Can you do it? (podes facelo?)
Pois imos alá! Intentádeo co vídeo do profe Rubén!
Védeo primeiro enteiro para saber a parte a realizar: tedes que adaptar un pouquiño máis a segunda versión do exercicio que nos explica (a que está feita de cara a 1º e 2º de Primaria), con moita máis supervisión por mor dos vasos de cristal (mellor se son de cristal duro). Se seguides a velo moi perigoso, podedes cambialo por vasos de plástico, por algún envase que teñades en casa, ou co material que se vos ocorra que poida servir; o importante é que coloquen ben o corpo ao facer a Torre coma ven no vídeo.
Despois disto, un pequeno xogo que preparei. É unha versión do clásico : "Simon says...."("Simon dice...."); eu cambieino por: "Aúpa says...." É dicir, a que manda, é Aúpa, se Aúpa non di as ordes, non debemos obedecelas.
Practicade primeiro antes de ver o vídeo con eles/as para distinguir (ou recordar) onde está o brazo dereito/esquerdo (right arm/left arm). Dicídelle que necesitamos practicar para poder xogar a "Aúpa says...." Para iso podedes escribirlle un R na man dereita e un L na man esquerda; xogar a estiralos moi despacio, moi rápido, un rápido e outro despacio cando vós llo digades. Se queredes ir engadindo dificultade, facédeo diante dun espello, ou xogando a que vós mesmos sodes o seu espello.
Na primeira parte do vídeo, escoitan as ordes que os/as preparan para xogar, dicídelle que é o Warm-up! ( quentamento) e comezamos a xogar cando eu os avise no vídeo. Ollo! Cada vez vai máis rápido!
É máis divertido se non deixan de facer o que escoiten ata que pase a diapositiva (é dicir, por exemplo, quedamos tocando as rodillas ata que cambie a orde)
Xa me contaredes como resulta!
Biquiños familias!
9 comentarios:
Madre mía lo que nos hemos reído Teacher !!! Después de verlo en bucle , se acordaba y seguía riendo .
Con la manzana se meaba ! De verdad nos encantan !!!😍
Jejejejejejejej! Que guay Iratxe! Unha preguntiña. Escoitastes o último xogo? O de "Aúpa SAYS..." Si o fixestes, resulta ben para os/as de tres?
Siii perfecto Teacher ! Esperamos con ganas el siguiente vídeo 😍
Ke divertido,nstr@s lo hicimos con vasos d plastico y con carton d papel higienico,x si acaso a noa le encanto y speramos al proximo video,graciass teacher y Aupa bikiños
Genial!!!! Escoitastes tamén o último? O de "Aúpa SAYS..." Resultoulle fácil de seguir e divertido?
Si se escucha bien y es facil d seguir y divertido y entretenido,xlo menos para nstr@s,thank you ,jejeje
Ola MAría, ola Aupa!!! grazas polo novo vídeo, reto conseguido!!
bicos
Gracias a vòs!!! Escoitastes tamén o de "Aúpa SAYS.."? Resulta ben para os/as de 4 anos? Así xa tería opinión das 3 aulas para poder seguir con cousiñas parecidas. Mil gracias! Un biquiño enorme!
perdoa que non vira esta mensaxe, a greta gustoulle o Aupa says e seguía as indicacións. bicos !!!
Publicar un comentario