domingo, 8 de marzo de 2020

VIVAN AS UÑAS DE CORES!

Este conto está inspirado nunha historia que aconteceu de verdade e que se difundiu a través dun post en Facebook que colgou o pai do peque que se atopou a vivir esa historia.
Encárgase de contar unha realidade actual que demostra como na nosa sociedade hai moitísimos prexuízos e patróns de xénero moi ríxidos que seguen impoñéndose na infancia.
Juan píntase as uñas “porque lle gusta”. Déixase claro desde o principio que o pintarse as uñas non ten máis significado que este. Non hai cousas de nenas e cousas de nenos. Hai cousas que gustan e cousas que non gustan e a liberdade que temos que poder exercer na nosa vida é elixir.
A nosa mente constrúese en base ás repeticións, normalizamos situacións, roles e posibilidades en base a cantas veces estas cousas repítense sen que haxa un xuízo negativo asociado a elas. Se rexistramos que as mulleres se pintan as uñas e os homes non se pintan as uñas asumimos que iso é o normal. Romper esa construción e abrir outros carreiros entre as nosas neuronas é complexo. Contar unha historia como a de Juan é crear camiños novos, posibilidades novas, é crear opcións de liberdade.

Milleiros de grazas a todas as familias que nos acompañan a normalizar a diversidade. É o paso máis importante para cambiar os patróns de referencia.

Toda a rapazada que tiña devezo por pintarse as uñas, tiveron a oportunidade de lembrar o belo que é xogar sen formulacións, xogar por xogar.
Tivemos a sorte de ter a presenza dun convidado e axudante moi especial...😉❤

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails