viernes, 13 de marzo de 2020

Modificacións no proceso de admisión



En relación coa crise COVID-19, no día de hoxe publicáronse instrucións referentes ao PROCESO DE ADMISIÓN, nas que se indica o seguinte:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación, tanto telemática como presencial, de solicitudes de admisión, que finalizará UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.

(Non ten, polo tanto, data concreta. Só sabemos que en canto se reanude a actividade lectiva, teredes unha semana máis para entregar).

INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR  EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020




Como sabedes, cada día que pasa hai novidades e modificacións. Para calquera dúbida podedes contactar connosco a través do correo electrónico do Centro (eei.montedaguia@edu.xunta.gal) e responderemos á maior brevidade posible.



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails